Search this site
Embedded Files
A. C. Vagalumes
  • Inicio
  • Terra
  • Lingua
  • Memoria
  • Actividades
    • Libros
    • Fotos
      • 2026
      • 2025
      • 2024
      • 2010
      • 2009
    • Publicacións
    • Vídeos
      • 2009
      • 2022
      • 2023
A. C. Vagalumes
  • Inicio
  • Terra
  • Lingua
  • Memoria
  • Actividades
    • Libros
    • Fotos
      • 2026
      • 2025
      • 2024
      • 2010
      • 2009
    • Publicacións
    • Vídeos
      • 2009
      • 2022
      • 2023
  • More
    • Inicio
    • Terra
    • Lingua
    • Memoria
    • Actividades
      • Libros
      • Fotos
        • 2026
        • 2025
        • 2024
        • 2010
        • 2009
      • Publicacións
      • Vídeos
        • 2009
        • 2022
        • 2023

Terra

Patrimonio natural, material e inmaterial

Lingua

Normalización da lingua galega e difusión da nosa literatura

Memoria

Verdade, Xustiza, Reparación e Garantías de non repetición

Quen somos?

A Asociación Cultural “Vagalumes” de Tabeirós-Terra de Montes nace da necesidade de dar continuidade ao movemento asociativo que no último cuarto de século XX foi quen de combater a prol da nosa cultura na nosa comarca. As asociacións que formaron parte daquel movemento lograron que as institucións fosen progresivamente asumindo moitas das súas demandas e tarefas, ao mesmo tempo que elas decaian neste labor. Falamos da A. C. A Estrada. O Brado. Zarabeto. Contrarretranca. Verbo Xido, etc.

E foi necesario recuperar ese pulo debido á ruptura no que debería ter sido a evolución lóxica das institucións, a de poñerse a cada paso máis ao servizo do país ao que se deben. Pola contra, atopámonos con gobernos que prohiben a nosa lingua no ensino, abandonan á súa sorte o noso patrimonio e proscriben a recuperación da nosa memoria histórica. Deixando en evidencia que nada é irreversíbel e que está na man de todas e todos avanzar cara saber do noso, valorarnos e loitar contra o que nos nega e despreza.

Por iso xorde “Vagalumes" conectando co espírito da obra do poeta de Codeseda que leva ese nome, para traballar a prol da:

  •   TERRA 

Investigaremos, defenderemos e difundiremos o noso patrimonio material, inmaterial e natural como herdanza para transmitir enriquecida ás novas xeracións.

  •     LINGUA

Comprometémonos coa promoción do noso idioma e combateremos a súa persecución, exclusión e desprezo.

  •     MEMORIA

Loitaremos contra a impunidade fronte aos crimes que se cometeron coa nosa veciñanza. Sen  esquecelos xamais e esixindo verdade, xustiza e garantías de que o fascismo nunca volverá.

Somos Nación

Plataforma Queremos Galego!

Iniciativa Galega pola Memoria

Vía Galega

Federación Galiza Cultura

FacebookInstagramYouTubeTikTokXLinkEmail

Rúa Iryda, nº 47 - 36680 - A Estrada

Contacto ou colaboración

Report abuse
Page details
Page updated
Report abuse